Localización |
Torre-campanario |
---|
Diámetro (en cm) |
50 |
---|
Peso aproximado (en quilogramos) |
72 |
---|
Fundidor | SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) |
---|
Ano de fundición |
1820 |
---|
Descricion |
Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1820 por José Francisco Serna en Santiago de Compostela. Ten una medida estimada duns 50 cm de diámetro. |
---|
Terzo (T) |
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSEF A NO DE 1820 ⁑⁑ /
2 cordóns. |
---|
Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de 4 chanzzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de 4 estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Pegado ós cordóns do medio pé ten a inscrición: "HIZOSE SIENDO ABAZ Dᴺ JACINTO ANT⁰ MALBAR*". |
---|
Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
---|
Cepo |
Xugo de madeira. |
---|
Mecanismos de toque |
Badalo cunha corda. |
---|
Valoración |
Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación. |
---|
Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
---|
Observacións |
Medidas aproximadas |
---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (28-04-2021)
|
Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
---|
Actualización |
11-09-2023 |
---|
| 3 Fotos |
---|